No entroido deste ano realizamos de novo varias emisións en directo.
O 5 de febreiro tivemos un taller de puchos no cole e o retransmitimos en directo.
Os nenos e nenas de infantil e primaria aprenderon a facer os puchos do traxe de mázcara dunha maneira tradicional e fixeron outro dunha forma máis moderna.
A nosa mascota Cambu está na India e decidimos investigar algo sobre ese país tan distinto.
Co que aprendimos fixemos un vídeo utilizando a app TouchCast.
Como nos enteramos de que para cociñar usaban moitas especias decidimos probar algunhas delas. As miramos, as tocamos, as ulimos e as probamos. Algunhas nos gustaron, outras non tanto. Traballamos na clasificación, leimos os seus nomes e algunha información dos botes e fixemos oracións sobre elas, cas maiúsculas, separando ben as palabras. A profe despois fixo este collage ca app Fuzel Collage
Comezamos o noso traballo de investigación sobre as orixes do entroido cunha entrevista realizada polos nenos e nenas de 1º e 2º ó profesor de relixión Belisario Chaos.
Os alumn@s:
prepararon un guión da entrevista ca estructura de aprendizaxe cooperativo folio xiratorio.
Copiaron as preguntas na súa libreta e no encerado.
Gravaron a entrevista co profesor cun Ipad.
Decidiron a orde na que ían aparecer as preguntas.
Editaron as gravacións ca app Imovie: abriron a app, cargaron os vídeos, ordearon os vídeos, axustaron o volume, engadiron títulos e creditos co seu audio.
En educación artística estivemos a traballar os instrumentos do folión.
Trouxemos fotos e falamos sobre as características de cada un deles ca app Edupuppet.
Os modelamos en plastilina e fixemos un poster interactivo ca app Thinglink.
O neno e nenas da clase de 1º e 2º de primaria están a traballar con Ollos de Sociais, están dándose conta de que en sociais traballamos a nosa realidade e que todos a coñecen.
Agora toca a casa. Ca app TinyTap están a facer uns xogos nos que traballan os elementos da casa, aproveitamos tamén para traballar a lectoescritura, as letras e a separación de palabras.
O van facendo ca estructura de aprendizaxe cooperativo folio xiratorio.
Hoxe estivemos traballando xeometría na aula de 1º e 2º. Comezamos traballando os triángulos, pasamos de clasificalos en grandes e pequenos a facelo polos seus lados. A profe Deli encontrou moitas ideas no instagram da profe Ana Municio @lamunix para traballar as #mateplasti e aproveitamos para traballar tamén as #mategim. Este é o resultado
Os alumnos de 1º de primaria están traballando a descomposición dos números cas regletas. Ca descomposición están traballando tamén as propiedades conmutativa e asociativa da suma.
Ola a todos, este curso os nenos de 1º e 2º de primaria están a traballar nun proxecto de lectura e escritura que se chama Hello Cambu e queren explicarvos en que consiste. Para elo crearon un vídeo con algúns dos materiais que creamos (con falta de ortografía incluidas) e un programa de radio. Con este proxecto queremos mellorar a motivación e a significatividade nesta etapa inicial da aprendizaxe da lectoescritura.
Para crear o vídeo usamos a app DOCERI e o editamos con Imovie no Ipad e para o programa de radio utilizamos como sempre SPREAKER.
No Ceip Manzaneda fixemos unha convivencia na que compartimos un día estupendo co nenos e nenas de infantil e 1º e 2º de primaria do Ceip Manuel Bermúdez Couso de Trives.
Foi un día cheo de emocións e sentimentos compartindo experiencias entre coles tan cercanos e tan distintos.
Os nenos e nenas de Manzaneda intentaron explicar como foi este curso nun vídeo para compartir as súas experiencias cos seus compañeiros e compañeiras de Trives.
Fixemos este vídeo ca app de Google Fotos e os editamos con Imovie, para as animacións utilizamos unha app moi divertida chamada Funimate.
Utilizamos as mesmas apps para crear un vídeo que recolle as actividades que compartimos en Manzaneda Paradise .
Os alumnos e alumnas de 4º e 5º de primaria estiveron traballando a poboación e prepararon unhas presentacións para traballar e explicar o tema ós compañeiros.
Dividimos o tema en 2 partes e cada equipo preparou os seus contidos de maneira cooperativa por medio de esquemas.
Cas Presentacións de Google desenvolveron os contidos e o explicaron ós compañeiros.
Imos a traballar en plástica o dibuxo de persoaxes de comic. Imos a usar uns fantásticos titoriais de Rick R-D para facelo.
Este é o tutorial que tedes que seguir para dibuxar corpos.
Neste trimestre estivemos a traballar sobre as plantas en Manzaneda.
Preparamos os contidos por niveis cos libros de texto e realizando algún experimento. Despois todos os alumnos e alumnas de primaria fixeron un traballo de posta en común sobre algunhas das plantas propias na zona.
Con esa información realizamos uns vídeos ca app Touchcast.