lunes, 19 de febrero de 2018

ESCRIBIMOS NO MAPA

Hoxe na clase de 1º e 2º estivemos a falar dos distintos lugares onde viven os nosos familiares e sobre os mapas e decidimos encontrar no mapa eses lugares.
Escribimos nas nosas libretas oracións sinxelas sobre os lugares onde viven persoas das nosas familias.
Despois descargamos Google Earth é miramos como é a Terra.
Observamos mapas físicos e políticos de España.
Creamos un mapa de España en Mymaps onde localizamos os lugares onde viven os nosos familiares e escribimos de novo as oracións, tendo especial coidado na separación das palabras e no uso das maiúsculas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario