martes, 3 de mayo de 2016

ESPAÑA NA IDADE MEDIA. SOCIAIS TEMA 7

Estamos a traballar en Ciencias Sociais como foi a Idade Media en España.
O primeiro que fixemos foi dividir o tema en partes para cada un dos equipos da clase. Comenzaron a buscar información de maneira cas instruccións de que cada presentación tiña que incluir; texto, imaxes e vídeo. Cada equipo tiña que asignarlle unha desas tarefas a cada membro. Desta maneira todos os membros do equipo tiñan que traballar todos os contidos para facer cada un a súa parte.
A ferramenta dixital que eleximos foi as presentacións de google drive xa que lles permite traballar ó mesmo tempo dende distintos dispositivos de maneira cooperativa.
Por último, os equipos están a presentar os seus traballos ós seus compañeiros que están a avaliar segundo unha rúbrica que inclue: calidade da presentación e os elementos que a compoñen, uso correcto do galego e claridade na exposición oral; uso correcto do vocabulario relacionado cos contidos, calidade e claridade dos contidos presentados.

Deixovos a continuación as presentación que fixemos en drive con estructuras de traballo cooperativo como producto final da tarea.


No hay comentarios:

Publicar un comentario